7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Néstor Rego:»O marxismo segue plenamente en vigor»

O secretario xeral da Unión do Povo Galego, está convencido de que o BNG vai ter capacacidade de reconectar coa sociedade pola forza que ten na súa militancia.

Identificando os erros co ánimo de corrixir

En tempos nos que a Unión do Povo Galego lle choven críticas desde distintas frontes, Néstor Rego reivindica a ideoloxía da organización maioritaria no BNG:”O marxismo como ferramenta de análisis da nosa realidade continúa plenamente en vigor”. Entende que na sociedade actual hai unha radicalización “da dominación e explotación da clase traballadora”.

Nunha entrevista publicada no veterano xornal “A Peneira”, Rego incide na compaxinación da UPG có BNG:”A UPG comparte totalmente os obxectivos do BNG  ate o extremo de ter renunciado a actividade pública”.

Entende que o fracaso electoral de Nós-Candidatura Galega aconteceu nun “contexto complexo” que afectou a tódolos nacionalismos do estado. Asegurou que non fuxen da autocrítica e están reflexionando e “estamos  identificando os erros co mellor ánimo de corrixir”.

 

Non ten sentido avanzar cara a soberanía con forzas españolas

O líder da U.P.G. Comenta que “o nacionalismo non ten abertos os platós de La Sexta e o noso principal medio para chegar a xente é a propia militancia”. Pero precisamente esa “militancia implicada socialmente” permite que o BNG “vai a ter capacidade de reconectar coa sociedade e de se superar”.

“Nestes anos o BNG medrou en organización  e influencia social” destacou Rego, que tamén nas páxinas do xornal pontevedrés deixou claro a súa visión de que o camiño non está na dirección de En Marea. Opónse a apoiar a partidos estatais:”Non ten sentido querer avanzar cara a soberanía  aliándose con forzas que estan en contra da soberanía”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos