5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Aymerich:»Ao BNG xa o liquidaron como marca»

Carlos Aymerich pensa que o BNG seguirá o seu camiño en solitario ainda que entende que é unha decisión equivocada. É partidario de reforzar “o polo nacionalista” do espazo En Marea.

“Hai que refundar o espazo atomizado do nacionalismo de esquerda”

O secretario xeral da Universidade da Coruña e exdeputado do BNG,Carlos Aymerich aposta por “refundar o espazo atomizado do nacionalismo de esquerda” despois do remate dun “ciclo electoral” reforzando “o polo nacionalista” de En Marea, que entende que é o sitio “onde se pode facer un traballo político”.

Aymerich Cano non percibe a ANOVA coma un rival e pensa que “O Bloque ten que decidirse se quere apuntalar outras alternativas”. Nunha entrevista no “Galicia por Diante” da Radio Galega, asegura que “O BNG xa o liquidaron como marca” nas pasadas xerais coa coalición Nós.

 

“Xavier Vence poido ter petado na mesa antes”

O militante nacionalista preguntouse se “o obxectivo é que permanezan determinados colectivos como a UPG ou o Movemento Galego ao Socialismo”. Desde a súa perspectiva sería necesario “disolver os colectivos” que existen no BNG. Lamentou que Xavier Vence non aportara as súas reflexións críticas con anterioridade e lembrou que “foi posto pola UPG”. Aínda así cree que “Vence poido ter petado na mesa antes”.

Carlos Aymerich está disposto a plantexar estas propostas na XV Asemblea Nacional pero non ten esperanzas de que haxa un cambio de rumbo no BNG:”Esa posición de manter  o camiño en solitario é a que vai sair”afirmou.

Hai cuestións que non comprende Aymerich como que “O Bloque que goberna co PSOE nas deputacions non chega a acordos coas mareas en Santiago ou na Coruña”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos