3500 fans     1206 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

Compromiso explorará unha posible confluencia electoral

Compromiso explorará unha posible confluencia electoral

Actualidade | Publicada: 23/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
6
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 17 segundos.

O Consello Político de Compromiso por Galicia decide explorar unha posible confluencia de forzas galegas cara as eleccións autonómicas, pero será a militancia a que teña a última palabra nunha convención que se celebrará no vindeiro mes de abril.

Nesta ocasión decidimos reproducir íntegramente o comunicado de prensa difundido por Compromiso por Galicia, ainda que seguiremos informando sobre este tema ao longo desta xornada

Avaliación das eleccións xerais e proposta de folla de ruta

Esta mañá, en Compostela, tivo lugar a xuntanza do Consello Político Nacional de Compromiso porGalicia na que entroutos asuntos se debateu sobre a folla de ruta da formación galeguista de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.

Logo dun profundo debate, cunha análise previa do resultado electoral das eleccións ás Cortes xerais, a posición maioritaria do máximo órgano de decisión política de Compromiso fora da súa asemblea nacional, foi a de “explorar unha alianza electoral con vocación galega, para a concorrencia ás eleccións galegas de 2016, sen veto á incorporación de calesquera forzas políticas”.

A proposta, defendida por algúns membros do Consello Político, implicará delegar na Comisión Executiva Nacional de Compromiso a apertura de negociacións de cara a fomentar unha candidatura única galega. O Secretario Xeral, Xoán Bascuas, reitera “que a proposta aprobada tan só implica a apertura de conversas e negociacións de cara a construir unha gran candidatura galega, pero enningún caso implica alianzas concretas, pois en Compromiso quen decide cara onde se camiña é a afiliación”. Así Bascuas lembraba unha vez máis o que é “un dos principios inspiradores e inquebrantables da nosa formación, a decisión de toda a afiliación en conxunto na correspondenteconvención electoral”.

A convención será no mes de abril e nese momento, Compromiso por Galicia, decidirá finalmente a súa opción de concorrencia ás eleccións galegas deste ano.

Informe de xestión e cuestións internas

O Secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, tamén deu conta na xuntanza do informe de xestión da Comisión Executiva Nacional dos últimos meses do 2015. Bascuas incidiu no feito de que “o final do ano 2015 estivo marcado pola campaña electoral e a incidencia de Compromiso foi menor pola ausencia na contenda electoral”, a pesares diso, “organizouse o debate sobre a Constitución, cun amplo éxito e mantivose a actividade política centrada nos concellos con presenza verde, unha presenza que se consolida cada vez máis”.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

José Antonio Santiso:“Municipalizar el servicio no va a servir para mejorarlo"

José Antonio Santiso:“Municipalizar el servicio no va a servir para mejorarlo"

José Antonio Santiso tiene una larga trayectoria política. Varias veces alcalde, conselleiro de Política Agroalimenta…

Ler máis
 Evaristo Ben apela a la unidad del PP en Xallas y Barcala

Evaristo Ben apela a la unidad del PP en Xallas y Barcala

“No habrá unidad si no hay generosidad, y sin unidad no conseguiremos buenos resultados en las municipales del 2019…

Ler máis
Mesa sobre el acoso escolar organizada por Ciudadanos Ferrol

Mesa sobre el acoso escolar organizada por Ciudadanos Ferrol

“El acoso impide que los alumnos desarrollen sus capacidades al convertir el espacio  escolar en un entorno hostil”…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

A mentirocracia, a próxima paragem de autocarro

Daniel Lago

Alguém, no seu sano juízo, falava em que a democracia unicamente poderia sobreviver com certo grau de verdade. Porém, hoje vivemos, segundo falam o…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información