Compromiso por Galicia explora o seu futuro

Compromiso por Galicia celebra este sábado un Consello Político Nacional que chega nun momento de reflexión sobre o futuro do nacionalismo galego e sobre a posibilidade de que formacións como o BNG ou mesmo Compromiso se integren na coalición En Marea.

A folla de ruta cara as vindeiras eleccións autonómicas

Un século despois do camiño iniciado polas Irmandades da Fala,e cando aínda o BNG tenta recuperarse da dolorosa derrota electoral das eleccións xerais e inicia un camiño de debate e toma de decisión, tamén a formación que dirixe Xoán Bascuas, se sitúa na encrucillada.

Segundo indican desde a propia organización este sábado decidirase “a folla de ruta cara ás vindeiras eleccións autonómicas” logo de que un grupo de dirixentes presentaran un documento no que perfilan explorar vías de confluencia con En Marea. Pero non hai unha voz unánime e tamén existen partidarios de que Compromiso conserve “a súa elástica” e concorra a vindeira cita electoral coas súas propias siglas e coa súa proposta galeguista.

Os acordos coñeceranse no mediodía

O Consello Político, que se celebrará en Santiago de Compostela, comezará as once da mañá pero será entorno as dúas do mediodía cando o secretario xeral Xoán Bascuas faga declaracións e se difunda un comunicado. En Adiante Galicia recollíamos este xoves as súas declaracións na Radio Galega

Os dirixentes de Compromiso analizarán cuestión organizativas, as eleccións xerais, o ano político que acaba de iniciarse e outras cuestións de funcionamento interno.

Se queres apoiar este proxecto de xornalismo plural únete ó  CLUB ADIANTE

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos