7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Jorquera:»No BNG non hai unha casta dirixente»

Francisco Jorquera defende “unha nova etapa” con posibles “caras novas” pero no marco dunha “análise en profundidade” e non centrada exclusivamente na forma de concorrencia electoral.

“É fundamental un proxecto político nacionalista diferenciado”

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera coincide coas voces que sinalan que a formación necesita “iniciar unha nova etapa” e tamén “posiblemente necesite novas caras” pero asegura que nesta organización “somos enormemente autocríticos a veces ata excedernos” e que na pasada asemblea xa houbo unha renovación “nunha porcentaxe altísima”.

Nunha entrevista este domingo na Radio Galega, Jorquera non quixo clarexa-la súa postura con respecto a concorrencia electoral do BNG, para non condicionar a militancia desde o seu cargo pero considera ““fundamental que existan referencias políticas propias e un proxecto político nacionalista diferenciado”, e non caer no erro de “sustituir o bipartidismo por un novo bipartidismo”.

Análise en profundidade

Con respecto a En Marea, Jorquera fixo mención o debate aberto no seo desta coalición e preferiu esperar a que o panorama “se vaia esclarecendo para non tomar decisión precipitadas” se ben o BNG fará “unha análise en profundidade” non só centrada neste aspecto: ”Centrar o debate na forma de concorrencia sería un erro metodolóxico”.

“O nacionalismo galego sempre soubo reinventarse e emerxer” afirmou JorqueraCaselas, que descartou que vaia a aspirar a selo substituto de Xavier Vence a fronte do BNG.  Como adiantábamos onte en Adiante Galicia Vence non continuará e a asemblea xeral será o 28 de febreiro.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos