3135 fans     1121 seguidores     38 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Xoán Bascuas:"Pode haber un novo goberno de Rajoy"

Xoán Bascuas:"Pode haber un novo goberno de Rajoy"

Actualidade | Publicada: 14/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 23 segundos.

O líder galeguista vislumbra un entendemento entre PP, Ciudadanos e PSOE, e critica que non se pode falar de renovación con Patxi López ou Celia Villalobos na Mesa do Congreso.

 

“O Pacto da esquerda” está lonxe

A Constitución da Mesa do Congreso “pode abrir a porta a un novo goberno de Rajoy” asegura o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas que percibe que este entendemento entre “PP, Ciudadanos e PSOE pode ser un aviso do que vai acontecer” e que pode alonxar “o pacto da esquerda”.

“Aínda que o PSOE negue ter falado co PP, o acordo pode significar sorpresas na investidura do Presidente do goberno e deixa a porta practicamente pechada a un pacto do PSOE e as candidaturas integradas por Podemos” asegura Bascuas.

Patxi López encarna a vella política e non xenera confianza

O líder galeguista non percibe unha “renovación” na nova Mesa do Congreso coa presencia das populares Celia Villalobos, Alicia Sánchez Camacho ou o presidente Patxi López. 

Para o voceiro de Compromiso por Galicia “Patxi López encarna a vella política pero ademáis ten un defecto, que non xenera confianza para ninguén” xa que “cando foi Lehendakari o fixo incumplindo promesas electorais e pactando co PP, o cal nos leva a temer porque se volva repetir un pacto semellante no Estado español”. 

O Secretario xeral da formación tamén fixo referencia a que o esforzo das forzas políticas estatais por deixar fóra da Mesa do Congreso aos partidos de ámbito autonómico, “é toda unha declaración de intencións do papel que se reserva aos nacionalismos na lexislatura que se inicia”. 

Xoán Bascuas lembra que Compromiso defende un estado confederal con máis autogoberno e capacidade política para Galicia.“A falta de diálogo impide que esta e outras reformas se contemplen nun escenario a medio prazo e incluso o inmovilismo dalgúns, pode semellar un obstáculo que dificulte a Galicia ter auténtica voz propia nas Cortes xerais” engade.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Juan Carlos Piñeiro colle o facho galeguista de Compromiso

Juan Carlos Piñeiro colle o facho galeguista de Compromiso

Piñeiro Docampo, elixido co 96% dos votos, avoga por “unha política con sentidiño”. O PNV apoia o proxecto galegu…

Ler máis
Intentan recuperar las caracolas en Arou

Intentan recuperar las caracolas en Arou

El patrón mayor de la cofradía de Camelle, asegura que los “cornos” o caracolas apenas se pueden observar en una z…

Ler máis
El PSOE lleva la problemática láctea al Senado

El PSOE lleva la problemática láctea al Senado

El senador Ángel Mato presentó la iniciativa en una reunión con ganaderos en Mazaricos.   Ángel Mato ex…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
OndaHit
Liga Fútbol Sala Santa Comba
Auto Xallas 2017
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

O estigma das mulleres

Natalia Lema Otero

Multitudinarias manifestacións a prol dos dereitos irrefutables das mulleres sacoden as rúas dos Estados Unidos e das principais cidades do mundo no…

Natalia Lema Otero
Ler máis

Poñamos que falo de Xoán Bascuas

Xosé Manuel Lema Mouzo

Xoán Bascuas deixou a secretaría xeral de Compromiso por Galicia esta fin de semana, cedendo a testemuña a Juan Carlos Piñeiro Docampo, que ten o …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Un novo modelo de empresa?

Natalia Lema Otero

Din os expertos ou mesmo os tecnócratas máis asentados neste eido que nos encontramos ante unha revolución tecnolóxica. Quizais ese sexa o noso po…

Natalia Lema Otero
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información