10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O BNG convértese na terceira forza no Parlamento galego

A Alternativa Galega de Esquerda perdeu tres deputadas nesta lexislatura. O BNG mantén o seu grupo e agora é a terceira forza no Parlamento de Galicia.

Unha situación estraña  no seo da Alternativa Galega de Esquerda 

Moi pouca xente podería pensar en 2012 que o BNG acabaría a lexislatura, sendo a terceira forza política no Parlamento de Galicia. O músculo acadado pola Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións autonómicas foi minguando polas propias desavinzas internas. Primeiro Carme Iglesias Sueiro, despois Consuelo Martínez   e agora Mónica Rodríguez, que será a substituta de Yolanda Díaz  no Hórreo.

Mónica Fernández, vencellada a Cerna como Consuelo Martínez , formará parte do grupo mixto. En febreiro de 2014 foi unha das dirixentes que abandonou Anova, en discrepancia co “erro estratéxico” da alianza con Izquierda Unida nos comicios para o Parlamento Europeo. Nese momento era a encargada de Patrimonio de Anova – Irmandade Nacionalista.

O grupo mixto terá tres representantes

Con esta nova “baixa” , AGE  pasa a contar con 6 dos 9 deputados electos. Catro de Esquerda Unida( Juan Fajardo, Eva Solla, Xavier Ron e Ramón Vázquez) e dous de Anova (Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez García). O Bloque Nacionalista Galego mantén o seu grupo de 7 parlamentarios, o Partido Socialista conserva as 18 actas e o Partido Popular os 41 escanos.

Todo isto no treito final da lexislatura, que tamén deberá decidir o novo presidente (ou presidenta) do Parlamento de Galicia logo da renuncia da conservadora Pilar Rojo, que foi elixida, igual que Yolanda Díaz, parlamentaria en Madrid.

@AdianteGalicia 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos