Un país multicolor ¿Morreu ou non morreu o bipartidismo?

Análise electoral das eleccións polo xornalista, asesor e socio da consultora ECO 360, Javier Carnota.

Javier Carnota

A proximidade entre a suma das coalicións de goberno de PP-Cs e PSOE -PODEMOS parece reflectir mellor o nacemento dunha nova polaridade, que, de facto, se convertería nun bipartidismo ideolóxico que ao mellor acaba coa fagocitación dos emerxentes por parte dos partidos tradicionais. 

“España non é ingobernable”

España non é ingobernable, como se escoitou en Xénova. Hai moitas posibilidades. Agora ben, de todas, existen algunhas combinatorias que abren a esperanza a que se acometan os cambios que a maioría social deste país quere. Fin dos recortes, políticas creadoras de emprego estable e recuperación da protección social. Así mesmo agroma a esperanza de poder asumir os cambios necesarios para consolidar unha segunda transición, que reforme a Constitución e a lei electoral, que garanta a convivencia entre os pobos mantendo a cohesión do territorio e a igualdade social dos seus cidadáns. 

A xordeira crónica do BNG e do PSdeG

En Galicia, perderon as direccións que padecen de xordeira crónica. Esta enfermidade de longa duración no BNG dou en primeiro lugar o nacemento das Mareas, das que soubo sacar renda Podemos e coas que non foi quen de achegar acordos nin o moderado Vence. 

Unhas Mareas que lle mollaron a orella ao PSdeG-PSOE, onde a dirección galega aguanta grazas ao tirón da franquía e repite escanos, pero soporta un sorpasso en número de votos en vésperas dunhas eleccións autonómicas onde o PP podería perder a maioría. Terá José Ramón Besteiro o que tivo Touriño? (políticamente falando) Non parece. 

O expresidente socialista reconfigurou o partido e soubo sumar aproveitando o tirón de ZP, o PSdeG de Besteiro perdeu poder nas cidades e parece tan atomizado como no 97. O tirón de Madrid non vai existir, Pedro Sánchez obtivo o peor resultado da historia, baixando dos 100 deputados. A euforia de seguir sendo segunda forza estatal non sei si será suficiente para evitar unha convulsión no partido do puño e a rosa. 

O PP levou un pao

E Feijóo? O PP levou un pao, e pode que botarlle a culpa a Rajoy e o castigo aos recortes lle sirva para salvar a cara. Se ao final gobernan en Madrid entón haberá que esquecer canto antes o acontecido, para frear a tendencia. 

Cidadáns en Galicia leva máis do que merece, pois xa deixaron claro que só estaban para pegar carteis, pero ollo, será moi importante esa representación directa se ao final son goberno co PP. 

Quero facer un recoñecemento ao laboratorio electoral PODEMOS, e ao seu director, Pablo Iglesias, que se non acadou todo o que pretendía si conseguiu unha entrada triunfal no hemiciclo. Igual que Albert Rivera. Ambos terán agora máis ingresos para consolidarse mellor territorialmente. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos