10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Fernández Davila aínda cree na unidade electoral

Olaia Fernández Davila destaca a xenerosidade do Bloque para a unidade, e critica unha lexislatura en España que afondou nas diferenzas sociais.

“A porta da unidade segue aberta” asegura Davila

A voceira do BNG no congreso dos deputados, Olaia Fernández Davila mantén a “esperanza” dunha “candidatura de unión que permita axuntar esforzos” na defensa dunha Galicia que “incremente o seu peso cun grupo parlamentario propio”.

Para Davila “segue a porta aberta”. Destacou a “aposta xenerosa” que está facendo o BNG “para sacrificar as súas siglas por esa unidade”, pero desbotou que ese esforzo vaia destinado “a beneficiar a outra forza política de ámbito estatal”, deixando claro que a posible participación de Podemos nesa candidatura pasaría tamén pola renuncia as súas siglas.

A voceira do BNG e deputada durante as tres últimas lexislaturas demanda “unha voz máis forte” para que “Galicia sexa protagonista no debate territorial” que se vai a intensificar na vindeira lexislatura. Unha unidade que non se acadou nos últimos anos porque, recoñece, “houbo algún problemas que suscitaron división” no ámbito do nacionalismo.

“Unha lexislatura demoledora para as clases populares”

Sobre a lexislatura que rematou, Olaia Fernández pensa que “foi demoledora para as clases populares” deixando “unha situación de desigualdade e pobreza impresionante”, cun “incremento dos ricos e das novas fortunas” pero que non reflectiu nos traballadores.

“Estamos tódolos días pelexando para que en Galicia se poida producir leite e se poida pescar, porque os sectores produtivos están sufrindo unha grave situación” afirmou Fernández nunha entrevista no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega.

Sobre os orzamentos estatais para o 2016 entende que están “inflados” e que en Galicia se “cargan partidas nas mesmas obras” que logo non se executan.

Olaia Fernández Davila confirmou que non volverá a presentarse, despois de tres lexislaturas no congreso e defendeu unha necesaria renovación. Afirmou que continuaría vencellada a política.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos