6365 fans     1589 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Ilusión das bases contra o poder das elites

Ilusión das bases contra o poder das elites

Actualidade | Publicada: 19/08/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 10 minutos e 14 segundos.

Javier Caso Iglesias, Francí Xavier Muñoz e Oscar Lomba Álvarez  aportan unha reflexión conxunta sobre Podemos e o dabte sobre a necesidade dunha candidatura “cidadá de unidade popular”

 Apartados de dogmatismos, intolerancias e consignas «emotivas» de vago contido ideolóxico, distanciados das arcaicas bagatelas «esquerdistas», retirados de aburridas reunións celebradas por células clandestinas de «partiduchos» sectarios e marxinais, afastados de estratexias obreiristas de vangarda e superado o eixo esquerda-dereita, chega PODEMOS ao escenario político do Estado falando de participación cidadá, de renovación da política, de parar os pés ás elites dirixentes, arengando sobre os poderosos e os desherdados, sobre os de arriba e os de abaixo, sobre os corruptos e os decentes, sobre a casta e a xente corrente. E iso nun contexto de crise económica e institucional, mentres algúns medios de comunicación comezan a acusar aos seus dirixentes de «bolivarianos» e «bolcheviques».

 Moitos cidadáns aínda temos moi presente a experiencia que supuxo o 15 M e a tan criticada ausencia de líderes. E agora aparecen Pablo Iglesias, Iñigo Errejón, Carolina Bescansa, Rafael Mayoral, Juan Carlos Monedero e tantos outros politólogos, sociólogos, xuristas e intelectuais diversos. Opinadores televisivos, mocidade de verbo vivo e look actual, que saben usar habilmente a palabra e que todo o mundo entende. Estes dirixentes de PODEMOS conseguiron capitalizar a indignación contra o réxime xurdido trala II Restauración borbónica.

 Os partidos políticos, aparentemente progresistas, nados para canalizar as inquedanzas cidadás, revólvense como mastodontes, incapaces de aportar solucións en tempos de escaseza, pobreza, desemprego, desafiuzamentos, recortes e corrupción. Eses partidos tradicionais non conseguen conectar cos intereses cidadáns nin trasladar ás institucións estas preocupacións. Perden o tempo en loitas intestinas, pelexas nominalistas, manifestos aburridos, símbolos e bandeiras, sen aportar as mellores solucións para os graves problemas sociais. Hai tempo que xa só constitúen anquilosadas maquinarias loitando por manter á boia, na superficie do océano político, os seus depauperados, maltreitos e acartonados aparellos de inspiración decimonónica, e iso co único obxectivo de conservar as súas raquíticas parcelas de poder.

 Moitos políticos, autodenominados progresistas e de esquerda, hai tempo que priorizan os seus intereses endogámicos como partidos do sistema fronte ás verdadeiras preocupacións da cidadanía. A súa misión orixinaria de vehiculizar as demandas populares se evaporaron. Sobrados de palabras ocas e fetichismo «progre», os partidos da «esquerda clásica» xa soamente serven como refuxio de decrépitos, nostálxicos e panfletarios. Coa aparición de PODEMOS suscitouse unha nova “vía” no camiño cara á construción dunha nova sociedade.

 PODEMOS suscita que a transformación radical do sistema político e económico, necesaria e paralelamente ten que cambiar o contido da política e todas as súas expresións, para poder ir máis aló das simples relacións de poder entre individuos socializados fragmentadamente en clases sociais; ten que comezar a establecerse unha política que sexa algo máis que expresión concentrada da economía, unha política máis efectiva, sistémica e permanente, que sexa quen de anticiparse e constituírse en actividade artelladora decisiva de relacións sociais da produción de nova natureza. 

 Trátase da actividade política como sistema de relacións específicas, como un proceso complexo (conxunto de procesos políticos) de aprehensión (identificación, valoración, sistemización.....) das necesidades sociais (dun grupo, sector, estrato, clase, institución, organismo social en xeral) e de organización e dirección dos recursos (obxectuais e humanos) dos actores sociais (individuos, grupos, organizacións, partidos, institucións de todo tipo, organismo social en xeral) para dar resposta a esas necesidades, sobre a base das posibilidades do sistema dado e o cumprimento dos obxectivos do proxecto colectivo en cuestión.

 O tránsito que suscita PODEMOS supón crebar totalmente cunhas relacións sociais marcadas polo dominio dunha parte minoritaria da sociedade sobre o resto; demanda necesariamente un salto cualitativo na actividade política que, mantendo a súa estrutura como democracia formal, amplíe as súas posibilidades de participación e favoreza o poder de decisión real da maioría social e axude, ao mesmo tempo, á coordinación das accións de individuos libres e conscientes, en función da ampliación e fortalecemento desa liberdade real como premisa e resultado do máis progresivo e pleno desenvolvemento de cada un e da sociedade no seu conxunto.

Esta transformación que suscita PODEMOS debe propiciar e garantir a participación cada vez máis ampla do conxunto da cidadanía desposuída e sectores sociais subalternos e, progresivamente, de toda a sociedade, nas tarefas que lle son inherentes; en particular, no Goberno e resto de poderes do Estado, pero sobre todo fortalecer a participación progresiva de toda a sociedade no control e dirección da actividade económica e social.

 Non se trata de “pelexarnos” entre nós, os militantes, activistas, inscritos, simpatizantes e votantes de PODEMOS, pero é fundamental que defendamos a necesidade dunha organización participativa e gobernada polas bases. Ese debe ser o camiño se o que desexamos é comezar a construción da nova sociedade, con novos contidos e novos fins. De non ser así PODEMOS será un simple novo xogador na mesa do réxime do 78.

 Non se trata tampouco de aferrarse a unhas siglas de maneira identitaria e patrimonialista. O camiño que indicou o 15M e comezou a rozar e limpar PODEMOS non é para reificar fetiches simbólicos, senón para cambiar unhas relacións sociais e de produción que nos degradan e precarizan como seres humanos; democratizar e horizontalizar esas relacións sociais e de produción para que ningún grupo social xogue con vantaxe e explote aos demais en beneficio propio. 

Do que se trata é de apostar dun xeito decidido por procesos moi democráticos e participativos de "unidade cidadá e popular".

 * JAVIER CASO IGLESIAS é Analista Político, FRANCÍ XAVIER MUÑOZ é Diplomado en Humanidades e en Xestión Empresarial e ÓSCAR LOMBA ÁLVAREZ é Licenciado en Dereito e Diplomado en Maxisterio.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Ana Pontón:”É hora de que Galiza teña unha presidenta nacionalista”

Ana Pontón:”É hora de que Galiza teña unha presidenta nacionalista”

Co auditorio Abanca de Santiago cheo e con xente agardando na rúa, Ana Pontón, foi presentada como aspirante á presid…

Ler máis
Lucha y captura del galeón San Juan por franceses en el Cabo Finisterre

Lucha y captura del galeón San Juan por franceses en el Cabo Finisterre

Juan Gabriel Satti Bouzas Sabido es que durante cientos de años, piratas, corsarios y filibusteros rondaron Fisterra…

Ler máis
O PP de Camariñas valora o “forte compromiso” da Xunta de Galicia  e apoia a cesión da lonxa vella

O PP de Camariñas valora o “forte compromiso” da Xunta de Galicia e apoia a cesión da lonxa vella

O Partido Popular valora “o forte compromiso” da Xunta de Galicia coa Costa da Morte e concretamente co concello de …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Maderas Algarian Company S.L.
Autos Xallas
Turismo Galicia Calidade 2019
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información