O manifesto de Santa Comba

Santa Comba foi o arranque do calendario de mobilizacións promovidas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Na protesta do sábado o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco dou lectura a un manifesto que publicamos en Adiante Galicia.

Manifesto

Hoxe, por desgraza, non falamos tan só dunha situación de crise no sector lácteo, estamos a falar dun verdadeiro drama. Os gandeiros ven como os distribuidores levan o seu leite a prezos que nin sequera cobren os custes de produción e baixo ameaza de deixar de recollérllelo. Namentres, a conselleira relativiza o problema,  atrevéndose a dicir que a situación non é tan grave. 

Noutros países, como Francia, tendo un problema de prezos bastante menor que en Galicia, os gobernos toman medidas eficaces para solucionar o problema con carácter urxente, poñendo 600 millóns de euros sobre a mesa e chegando a acordos coa industria de distribución para mellorar os prezos.

Diante do esforzo levado a cabo polos gandeiros galegos para converterse en punteiros nun sector tan complicado, vemos que a Administración non está á altura das circunstancias. Por elo, dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo, non temos outro remedio que mobilizar a toda a sociedade. 

Produtores, consumidores, fabricantes de penso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos, representantes da industria de distribución e fabricantes de maquinaria e zoosanitarios acordamos unha serie de medidas necesarias e urxentes para solucionar este problema. 

ESIXIMOS QUE:

 
1.    Se garanta a recollida de todo o leite producido e prezos  que cubran os custes de produción.

2.    Que se poña en valor o leite de orixe galega, pasteurizado e ecolóxico e impedir o uso que está facendo a distribución do leite como produto reclamo. 

3.    Apostar por unha verdadeira negociación colectiva dos elementos do contrato a través das organizacións de produtores tal e como permite o paquete lácteo.

4.    Que se desenvolva a figura do mediador, unha figura da administración que debe vixiar que se cumpra a legalidade á hora de formalizar os contractos e que a negociación se produza en condicións de igualdade. 

5.    Moi importante: recuperar o consumo!, co impulso do programa de leite escolar que permita unha mellora da imaxe do leite e os produtos lácteos e un aumento do seu consumo nun fragmento de poboación máis nova. Involucrar ó Magrama e os distintos prescritores de opinión, médicos, educadores, etc., na consecución deste obxectivo.

6.    A posta en valor da Lei da cadea alimentar. A lei non ten medidas de acompañamento que a fagan operativa. Cando se producen desequilibrios no cumprimento da mesma, a AICA é inoperativa xestionando as sancións. As sancións impostas deben ter publicidade suficiente e o importe das multas debe repercutir no colectivo prexudicado.

 
Ata que o Goberno de Galicia tome medidas eficaces para poñer remedio aos problemas que afogan aos nosos gandeiros non temos outro remedio que continuar coas mobilizacións. Por iso pedimos o peche de comercios, manifestacións e concentracións de tractores ata que a Administración actúe!

A plataforma continuará organizando mobilizacións durante o mes de agosto até que as administracións tomen algún tipo de acordo que se poida considerar como positivo para solucionar os graves problemas polos que pasa o sector.

As próximas mobilizacións programadas serán en Chantada o vindeiro 6 de agosto e no Deza o vindeiro 12 de agosto.

A manifestación en Adiante Galicia

Adiante Galicia ofreceu completa información desta xornada con dúas crónicas e dous vídeos na nosa canle de youtube, Adiante TV., e que enlazamos a continuación como resumo.

Miles de personas exigen la defensa del sector lácteo

https://www.adiantegalicia.es/actualidade/2015/08/01/miles-de-personas-exigen-la-defensa-del-sector-lacteo.html

Los alcaldes destacan el éxito de la manifestación

https://www.adiantegalicia.es/actualidade/2015/08/01/los-alcaldes-destacan-el-exito-de-la-manifestacion-lactea.html

Adiante TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos