11.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 12, 2026

A Mesa promoveu unha concentración en Casas Novas

Unhas setenta persoas concentráronse nas inmediacións do centro hípico Casas Novas(Arteixo) en solidariedade cunha nena de dez anos que supostamente foi marxinada por falar en galego cando participaba nun campamento.

Con esta concentración convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística pretendíase dar resposta “a humillación que por falar en galego sufriu unha rapariga de dez anos”.

Desde a  Mesa pola Normalización Lingüística quixeron “agradecer e destacar a valentía da rapariga e da súa familia por teren dado o paso de denunciar un feito que lamentabelmente non é puntual nin isolado no noso país nin nos campamentos de verán, aínda que si o sexan as denuncias públicas.

Neste sentido solicitan que “ a administración actúe para que, por fin, este sexa o último caso de desprezo e humillación por falar galego en Galicia. Non queremos ser estranxeiras na nosa patria. Falamos galego e temos dereitos. Queremos vivir en galego con toda normalidade”, indican nun comunicado de prensa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos