8.9 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

Adiante Galicia cumpre un ano de vida

Adiante Galicia é xa un dos diarios dixitais máis populares de Galicia. Unha web feita nunha zona rural que supera a medios dixitais que contan con soportes empresariais e potentes redaccións en comparación con este humilde pero exitoso xornal.

Xosé Manuel Lema

Un día coma hoxe, fai un ano, botamos a andar a nosa nave xornalística. Nacía Adiante Galicia, con moita ilusión, escasos recursos e o obxectivo de ir buscando un oco entre a variada oferta informativa dixital existente no Fogar de Breogán.

Con moito esforzo conseguimos en tan só un ano un fito histórico, que a nós mesmos nos sorprendeu gratamente. Converter a Adiante Galicia nun dos diarios dixitais máis populares do país, segundo acredita o medidor independente Alexa. Unha web feita nunha comarca rural que supera en visitas e popularidade a cabeceiras que contan con soportes importantes e redaccións completas.

Por iso neste 8 de xullo, queremos agradecer a tódalas persoas que nos elixen cada día para informarse, a tódolos amigos e amigas que nos apoian nas redes sociais, para seguir medrando. Porque agora o obxectivo é seguir medrando. Ampliando horizontes pero fieis a nosa filosofía. Informar con compromiso, informar con responsabilidade, frescura e camiñar sempre polos vieiros da realidade e da verdade.

Tampouco me quero esquecer das persoas que, poucas pero eficientes, están achegando o seu grao de area para que hoxe nos poidamos sentir orgullosos de todo o camiño percorrido e ilusionados do futuro que nos queda por compartir. Adiante!!!!

E se queres colaborar connosco

Comparte as novas que che gusten en Facebook.

Séguenos en Twitter @AdianteGalicia

Colabora connosco- xmlema@adiantegalicia.es 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos