10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Quintana pide diálogo para reforzar o sector lácteo

A conselleira do Medio Rural agarda que se poida chegar a acordos que permitan a rendibilidade das explotacións gandeiras e da industria e manter a condición estratéxica do sector en Galicia.

“Compromiso para que non quede leite sen recoller”

Rosa Quintana mantivo este luns 29 de xuño unha xuntanza con representantes da industria galega do sector lácteo e sinalou que existe “un forte compromiso para que non quede un só litro de leite sen recoller en Galicia”. Destacou a “actitude positiva da industria” e confía en que se manteña o liderado “da boa produción do leite en Galicia”.

Quintana fixo tamén un chamamento á tranquilidade e manifestou o seu desexo de que o Ministerio de Agricultura convoque unha reunión “o máis pronto posible e intentar así chegar aos mellores acordos que permitan seguir sendo rendibles tanto ás explotacións gandeiras como á industria de transformación”.

Quintana:”Con manifestacións non se resolven os problemas”

A conselleira tamén anunciou que vai a manter unha xuntanza coas organización agrarias, as que lle enviou unha mensaxe:”Que teñan en conta que con facer manifestacións non se consegue resolver os problemas.Como se resolven é sentándose arredor dunha mesa, facendo unha análise do que está a acontecer, buscando entre todos as saídas a este problema”. 

Rosa Quintana indicou que “estamos nun escenario novo, sen cotas, e nuns momentos nos que en todo o mundo se está producindo máis leite”, polo que –engadiu–“temos que saber manexar agora ben os tempos e a situación nova que estamos a vivir”. 

Desde a consellería do Medio Rural pensan que a unión é fundamental, e tamén facer unha análise “para reorientar o noso sistema en xeral, tanto dende a produción como dende a distribución”.

As últimas xornadas están sendo tensas no sector, logo de que un grupo de produtores quedarán fora da recollida do leite, o que acenden as alarmas vermellas e provocou as críticas dos sindicatos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos