Martín e Noa son os nomes máis frecuentes entre os recen nados en Galicia durante o ano 2014, segundo un estudo realizado e difundido polo Instituto Nacional de Estadística.
Dos 10.259 nenos nados no pasado ano Martín, Mateo e Hugo foron os máis utilizados mentres que entre as 9.367 novas nenas galegas os nomes elixidos con máis asiduidade foron Noa, Daniela e Sara.De tódolos xeitos o nome máis frecuente en Galicia segue sendo Manuel. No apartado feminino Mari Carmen ocupa a primeira posición en A Coruña, Pontevedra e Lugo mentres que en Ourense este liderado é para María.
Como apunte curioso destacar que na enquisa do INE do ano pasado, con datos de 2013, o nome preferido foi Hugo (agora o terceiro) seguido por Mateo e Pablo. No tocante as mulleres Noa xa foi o favorito con Sara e Daniela (que agora intercambian posición) inmediatamente despois.
A nivel estatal no 2014 os preferidos foron Hugo, Daniel e Pablo e polas nenas optouse por Lucía, María e Martina, bastante diferente os resultados recollidos en Galicia.
Clasificación dos nomes escollidos polos galegos
Nenos
TOTAL 10.259
MARTIN 396
MATEO 330
HUGO 319
PABLO 261
DANIEL 243
NICOLAS 207
MANUEL 205
DIEGO 197
ADRIAN 187
LEO 184
Nenas
TOTAL 9.367
NOA 282
DANIELA 243
SARA 237
MARTINA 235
LUCIA 229
SOFIA 210
PAULA 184
ALBA 174
CARLA 170
MARIA 164