10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O PPdeG anuncia un proxecto común nas sete cidades

Alberto Núñez Feijóo asegura que os candidatos do PPdeG ofrecen un “rumbo seguro” cun proxecto común nas sete cidades galegas que suponen a “estabilidade fronte aos que non saben que facer nin con quen”.

O presidente do Partido Popular de Galicia xuntouse cos seus candidatos nas cidades galegas, cos que participou nunha comparecencia diante dos medios. Son os alcaldes de A Coruña, Carlos Negreira, Santiago, Agustín Hernández e de Ferrol, José Manuel Rey e os aspirantes as alcaldías de Vigo, Elena Muñoz, Ourense, Xesús Vázquez, Pontevedra, Xaime Castiñeira,e Pontevedra, Jacobo Moreira.

“Un rumbo cara un horizonte claro”

Para Núñez Feijóo os candidatos do PPdeG “representan a estabilidade das sete cidades galegas e representan o servizo ás sete cidades galegas fronte aos que non saben nin como facelo nin con quen facelo».Afirmou ademáis que os alcaldables do PP apostan pola “concepción política do pacto cos cidadáns”, por un proxecto común e non de cidades enfrentadas. 

«Certamente nun momento difícil no que o temporal azouta con forza, aquí represéntase un rumbo seguro. Un rumbo cara un horizonte claro, un rumbo cara un porto de progreso claro, fronte aos que propoñen ir zigzagueando ata marearse» dixo Feijóo.

Feijóo apuntou que partimos das mellores condicións porque imos coas nosas propias siglas como marca, cos nosos candidatos como orgullo, e coa nosa traxectoria como aval. Ademais, apuntou que os candidatos do PPdeG poranse como servidores públicos a disposición das cidades do mesmo xeito que as cidades están a disposición de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos