7.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

«Matan máis eles do que mataron en París»

“Matan máis eles do que mataron en París estes bárbaros” afirmou o voceiro da Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras Torrado, en alusión ao Partido Popular e ós enfermos de Hepatite C.

Xosé Manuel Beiras volveu a abrir a fiestra para que entrara un novo temporal de polémica. En referencia a traxedia de París (asasinato do Charlie Hebdo), Beiras amosouse sorprendido polo feito de que non existirá unha conmoción semellante polas mortes de Hepatite C.

“Non se conmociona nin Europa nin o estado español”

“Morren doce persoas cada día, en dous días case o dobre dos mortos da traxedia de París do outro dia pero non se conmociona nin Europa nin o estado español e non lles dan as medicinas” sinalou Beiras nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.

“Matan máis xente eles do que mataron en París estes bárbaros” engadiu o voceiro de AGE e líder de Anova, en alusión aos gobernos do PP e a problemática dos enfermos de Hepatite C.Na súa comparecencia, Xosé Manuel Beiras augurou que ao Partido Popular “lle queda pouco tempo de goberno” advertindo que “a cidadanía está xa a elaborar alternativas pola súa conta que son onde está a beber Alternativa Galega de Esquerda” .

Beiras desexa que Feijóo acabe no cárcere

Xosé Manuel Beiras volveu a criticar a acción de goberno de Núñez Feijóo, ao que definiu como “un individuo que practica a venda de fume e fariña para narcotizar á cidadanía”. Atacou ao presidente, desexando que acabara no cárcere “como o seu amigo Marcial Dorado”.

Nesta rolda de prensa, Beiras e a vicevoceira, Yolanda Díaz, explicaron as liñas de traballo do grupo parlamentar neste novo ano e explicaron que se esforzarán “pola protección das persoas” ante as política en sentido contrario do goberno galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos