6.8 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Xavier Vence apoia a Antelo nas súas imputacións

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, continúa co seu apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, logo de coñecerse unha nova imputación que o fará declarar o vindeiro 23 de xaneiro nos xulgado de Corcubión.

Manuel Antelo loita contra a corrupción, segundo Vence

En declaracións recollidas polos medios de comunicación, Vence culpou ao Partido Popular e a outros grupos da oposición da imputación do alcalde soneirán.

Para Xavier Vence: «O alcalde de Vimianzo está loitando de forma moi seria contra a corrupción que estaba instalada no concello de Vimianzo dende hai moito tempo e o Partido Popular e os corruptos que viñan gozando do poder municipal no pasado, están cunha estratexia moi agresiva de ataque, de acoso e derribo ao actual alcalde”.

Deste xeito, e logo de coñecerse a terceira imputación do alcalde de Vimianzo, o BNG reitera o seu apoio a Antelo Pazos e descarta calquera tipo de medida polas súas imputacíons. O pasado venres Adiante Galicia adiantaba que catro membros do BNG terían que declarar como imputados nun suposto delito “prevaricación administrativa” pola contratación da secretaria particular do rexedor, Marta Rey Lema, que tamén foi candidata nas listas electorais nacionalistas.

Xunto ao alcalde, Manuel Antelo Pazos, declarará o teniente de alcalde, Fernando Mancebo Amigo, a concelleira, María Xosé Ramos Rey e o exedil Anselmo Ramos. Manuel Antelo, que accedeu a alcaldía en 2011 despois de ser o candidato máis votado, xa foi confirmado como candidato nos vindeiros comicios.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos