13.2 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Monte Pindo rexeita as afirmacións do PPdeG

A asociación Monte Pindo Parque Natural insiste en que o apoio a figura de Parque Natural para o Monte Pindo é maioritario e incluso o PP de Carnota levou esta proposta “nos seus programas electorais“ pero que agora mesmo “non lle interesa defendelo por intereses exclusivamente políticos, pois como agora non gobernan na localidade non poden anotarse o tanto de declaración”.

Fan mención tamén ao respaldo recollido nunha enquisa de Sondaxe para arroupar a súa defensa de denominación de parque natural, algo que tamén comparten a maioría dos partidos políticos:” O PP é quen está a politizar esta cuestión pois é o único partido político galego que aínda non asumiu a petición vecinal”. Lembran que hai 171 entidades que apoian a devandita solicitude.

Desde este colectivo lamentan que a proposta parlamentaria de AGE, defendida por Yolanda Díaz fora rexeitada, como o foron as outras tres iniciativas anteriores do BNG.

Con respecto as acusacións feitas pola deputada Marisol Piñeiro(PP) manifestan que se trata dun “caduco e falso argumento” e consideran “insultante” o feito de que como “se terxiversan as cousas no corrupto sistema político deste país, onde o goberno emanado dos votos do pobo se converte nun goberno contra o pobo, onde unha persona que mañá pode ser inhabilitada para o exercicio da política hoxe pode ser quen vete a petición de miles de cidadáns”, en alusión a Marisol Piñeiro e ao PP. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos