10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Besteiro:»Fraga quería moito máis a Galicia que Feijóo»

O secretario xeral do PSdeG está convencido de que o partido está conectando coa sociedade. Xosé Ramón Gómez Besteiro confirma a súa intención de presentarse as eleccións autonómicas.

En condicións de mellorar os resultados

Xosé Ramón Gómez Besteiro está convencido de que a cidadanía galega “empeza a xirar a súa mirada cara o Partido Socialista”, e que os socialistas deben aproveitar ese novo contexto para realizar “unha campaña de proximidade”.

Opina que ós galegos “non lle valeron de nada as maiorías absolutas do PP” e anuncia que “imos a estar moi centrados no acercamento ós cidadáns”

Nunha entrevista no xornal La Voz de Galicia, Besteiro pensa que as vindeiras eleccións municipais poden ofrecer resultados moi positivos para o PSdeG:”Estamos en condicións de mellorar os resultados” afirma.

Defende a inocencia de López Orozco

O secretario xeral dos socialistas galegos volveu a defender ao alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco:“Dixen claramente que confiaba na súa inocencia, se iso non é poñer a man no lume, que baixe Deus”. Tamén confirmou o se desexo de presentarse as primarias para ser o candidato a presidencia da Xunta de Galicia.

Gómez Besteiro insistiu en recriminar a Alberto Núñez Feijóo unha suposta falta de compromiso co idioma do país e incluso o comparou co presidente fundador do Partido Popular, Manuel Fraga Iribarne:“Fraga, que foi un franquista, penso que quería moito máis a Galicia a ao galego que Feijóo, que non acredita na potencialidade da nosa lingua”.

Para o líder do PSdeG a língua galega “non está na axenda de Feijóo” e polo tanto hai un “desinterese absoluto pola súa promoción”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos