17.9 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Compromiso por Galicia prepara as eleccións municipais

Compromiso por Galicia acaba de cumprir dous anos de existencia, e prepara as vindeiras eleccións municipais con boas expectativas.

Dous anos despois de constituirse como partido político e un mes despois do seu congreso, Compromiso por Galicia afronta un novo reto, o das eleccións municipais de maio de 2015, onde a formación que lidera Xoán Bascuas ten un importante exame para certificar a súa consolidación.

A piques de pecharse este 2014, o partido galeguista xa conta con candidatos confirmados nunha ducia de concellos de Galicia entre eles Santiago(Xosé Antón López), Vigo(Miguel Barros), Lalín(Rafael Cuiña), Ourense(Xosé Mosquera) ou en Maceda, onde o terán como cabeza de cartel o actual rexedor, Xavier Oviedo.Antes de rematar o ano celebrarán as primarias no concello de Muros, onde tres dos seus membros exercen coma concelleiros na corporación. 

Segundo poido saber Adiante Galicia, o ano arrancará coa elección de novos candidatos na bisbarra coruñesa de Bergantiños. Concretamente en Carballo (3 de xaneiro) e Coristanco(10 de xaneiro). Nesta última data tamén terán lugar as primarias no concello de Ponteareas.

Pero é seguro que a listaxe de candidaturas de Compromiso no país aumentará nos vindeiros meses e de feito os dirixentes de CxG están traballando intensamente con distintos grupos que xa están operativos en concellos das catro provincias galegas e tamén abrindo novas agrupacións noutros puntos.

Esta foi a entrevista  que se lle fixo no pasado mes de de novembro a Xoán Bascuas en Fórmula Fun Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos