8.1 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

O PP aproba en solitario as contas da Xunta

Os orzamentos da Xunta de Galicia foron aprobados cos votos a favor da maioría absoluta do Partido Popular eos votos en contra de PSdeg, AGE, BNG e grupo mixto.

A contas aprobadas rompen coa tendencia decrecente dos últimos exercicios e rexistran unha subida de medio punto, alcanzando os 8.436 millóns de euros. O PP non aceptou ningunha das máis de 1200 enmendas presentadas pola oposición.

PSdeG, AGE, BNG e grupo mixto votaron en contra

Desde a oposición criticaron que os orzamentos non serven para o repunte da economía galega e lamentaron o desprezo do PP polas propostas dos distintos grupos ao través das enmendas.

O socialista José Luís Méndez Romeu pensa que as contas está confeccionadas por un gobernó galego que é “alleo á realidade social e afastado das preocupacións da cidadanía” e acusou ao presidente Alberto Núñez Feijóo de ““masacrado xeracións enteiras de galegos e galegas no altar da austeridade”.

Elena Múñoz:»Galicia xa non está en recesión económica»

A Conselleira de Facenda, Elena Muñoz salientou que “Galicia xa non está en recesión económica” indicando que 22.000 persoas menos “están en situación de desemprego”.Para Elena Muñoz “a situación mudou e agora o reto e consolidar este cambio de tendencia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos