5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Iglesias:»O paquete lácteo non está funcionando»

Unións Agrarias continúa informando sobre a PAC e a situación da producción láctea, cos baixos prezos que se están rexistrando, e o risco dun posible sobrepasamento.

Máis de douscentos gandeiros participaron nunha charla informativa convocada por Unións Agrarias en Santa Comba. Na mesma interviu o secretario de vacún de leite e gandería, Xavier Iglesias, que informou ao público sobre a PAC (política agraria común) “que está prácticamente pechada e da que só queda algún pequeno fleco”.

Iglesias tamén fixo fincapé nos baixos prezos do leite que se sitúan “como os máis baixos das comunidades autónomas e tamén da Unión Europea” e o que significa que “o paquete lácteo non está funcionando”, porque entre outros asuntos, non existe a figura dun mediador.

Sobre o posible sobrepasamento, Iglesias advertiu que “se chega a haber supertasa non vai a ser como calcula a administración” e aínda que se pode estar producindo por enriba da cota nacional, está convencido de que se produce “moitísimo menos ca análise dalgunhas administración”.

Iglesias, estivo acompañado por técnicos do sindicato e polo responsable comarcal Ángel Alvariño

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos