13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Sestayo:»O PSOE ten que defender a súa identidade»

A deputada e secretaria local do PSdeG en Ferrol, Beatriz Sestayo ten claro que o Partido Socialista ten que “dar referentes ideolóxicos e de acción”. 

Beatriz Sestayo  iniciou o sprint final de cara as primarias do vindeiro 30 de novembro en Ferrol, cunha entrevista en Fórmula Fun e Adiante Galicia, na que agradeceu “confianza que depositaron” moitos militantes e que considera que “é froito dun traballo que levamos facendo xuntos e que se traduce en forma de avais”.

Sestayo aposta por unha alternativa do actual «goberno de apariencias» de Ferrol

Sestayo Doce lembrou que o obxetivo final é dar unha volta a situación política de Ferrol marcada pola “desvergonza e o caos absoluto” liderado por “un alcalde de apariencias”, José Manuel Rey Varela, que está a fronte “dunha cidade que bate récords de desemprego e emigración”.

A parlamentaria criticou que “O goberno adicouse a fotos absurdas e a inaugurar arquetas e aseos en cemiterios” promovendo unha imaxe de Ferrol como “cidade pantasma, oscura e sen vida”. En definitiva, para Sestayo a cidade departamental tivo “un goberno de profunda traición”, apostando por una alternativa socialista. “Hai esperanza por un cambio, porque Ferrol ten posibilidades e necesita un proceso de tranformación social” engadiu.

Escoitar a Julio Sacristán e Manolo Mirás

A pesares de que no seu caso presentou o 60% dos avais, Beatriz Sestayo non está dacordo con esta situación:“Eu defendín a non existencia de avais ou que houbera unha esixencia mínima para que calquera poidera participar”.

Sobre as primarias a secretaría provincial, lembrou que “o meu candidato favorito era Julio Iglesias” ao que definiu como “un alcalde exemplar”. Con respecto aos dous que quedan agora na loita, Manuel Mirás e Julio Sacristán, apuntou que “escoitarei atentamente e a militancia decidirá”.

Revitalizar a identidade socialista

Beatriz Sestayo demandou a revitalización “da identidade socialista” e pensa que “ten que haber cambios” na dirección provincial para “dar referentes ideolóxicos e de acción” para unir ao PSdeG.

Desde o punto de vista da secretaria do PSdeG ferrolán a organización ten que defender o seu proxecto:”O PSOE ten unha identidade propia que o diferencia. É unha forza de esquerdas, federalista e non nacionalista. Temos un ideario claro. O progreso social veu sempre da man do Partido Socialista”

Para Beatriz Sestayo está e a alternativa a dereita, as forzas nacionalistas e “a novas forzas que din que non son de dereitas nin de esquerdas”. Na entrevista no programa “Conversas na Encrucillada” de Fórmula Fun considerou que a esencia socialista está clara para a maioría:“Preocúpame cando algún dirixente do partido  cae nalgunha deriva impropia .Pero os estatutos están claros e a inmensa maioría da militancia tamén o ten claro” .

Escoita a entrevista a Beatriz Sestayo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos