7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Feijóo:»Eu non pertenzo a ningunha casta»

“Eu son máis de Podemos cós de Podemos” soltou o presidente da Xunta despois do Consello. Núñez Feijóo tamén tildou de decepcionante a entrevista co secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

«Eu son máis de Podemos cós de Podemos»

A enquisa do CIS e o “efecto Podemos” deixaron un ronsel que chegou a comparecencia posterior ó Consello da Xunta de Galicia, por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.En resposta ós xornalistas Alberto Núñez Feijóo emulou eo presidente de Extremadura, José Antonio Monago e logo de repasar as súas orixes dunha familia onde “non tiven ningún profesor universityario, nin abogados, nin persoas de clase social media ou burguesa, eu fun o primeiro de 23 netos e de tres que fomos a universidade” deixou unha chamativa reflexión:

“Eu son máis de Podemos cos de Podemos. Eu dende logo non pertenzo a ninguna casta. Hai os líderes dese movemento que son claros descendentes da burguesía española. Eu non teño nada en contra diso”.Feijóo deixou claro que o obxetivo do seu partido “non é ser vicepresidentes de Podemos, o noso obxetivo é presidir as institucións” e buscar a estabilidade “con maior intensidade” neste momento.

Decepcionado con Besteiro

O presidente da Xunta de Galicia considerou unha “decepción evidente” a xuntanza co secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro xa que “nin trouxo propostas nin aceptou propostas” e dou a impresión de como “se o PSOE non tivera nin opinión, nin propostas nin alternativas”.

Feijóo recriminou a Besteiro o feito de “desentenderse da realidade social na que están vivindo” o que lle parede “unha frivolidade”. Iso sí asegurou que a entrevista estivo liderada  pola «educación e a cordialidade».

FOTO www.xunta.es – Ana Varela

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos