10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Xoán Bascuas desconfía dalgunhas mareas cidadáns

O secretario xeral de Compromiso por Galicia apoia as “plataformas cidadáns” pero percibe nalgúns casos que hai partidos queren utiliza-las en “beneficio propio” e iso suporía “poder apagar unha ilusión”.

Hai partidos que queren usar as mareas cidadáns en beneficio propio

Desde Compromiso por Galicia aseguran ver  “con bós ollos as plataformas cidadáns” pero lamentan que “nalgúns casos, que non son poucos, esas mareas veñen propiciadas ou participadas por outras formacións políticas, en beneficio propio”.E aseguran que iso lles preocupa “porque pode contribuir a apagar unha ilusión”.

Agora mesmo no toca o debate soberanista

Nunha entrevista no espazo “Conversas na Encrucillada” que se emite en Fórmula Fun Galicia, Xoán Bascuas tamén reflexionou sobre outros asuntos. Sobre o debate soberanista pensa que “agora mesmo non toca ese debate” pero sí “recuperar o papel de Galicia, que non pinta nada no conxunto do estado. Ese é o primeiro chanzo en recuperar”.

Sobre a variedade de ofertas políticas nacionalistas, Bascuas pensa que o importante “é entenderse” e para eso “non hai que estar unidos”, aínda que lamentou que unha característica das forzas galeguistas é o  “darwinismo político electoral” ao que están sometidas.

Os imputados deben de dimitir

O secretario xeral de CxG reiterou o seu posicionamento con respecto ós políticos imputados de que “non poidan participar en listaxe ningunha e deban dimitir”. Lembrou que unha imputación non ten porque significar “culpabilidade” pero ao referirse a estar “representando a cidadanía” os políticos teñen que estar “inmaculados”.

Xoán Bascuas anunciou que a súa organización pelexará ata o remate dos prazos “por ter presenza no maior número de concellos do país” e reivindicou que pretender “cubrir unha necesidade” no espectro do “galeguismo progresista no ámbito do centro esquerda e na defensa do país con sentido común”.

Desde Compromiso por Galicia tampouco concordan coa proposta do PP de reducir o número de deputados:”A cidadanía non demanda menos deputados, demanda que sexan máis baratos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos