13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Bascuas:»Queremos solucións non máis circo»

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, pensa que o país necesita “unha voz acougada e sensata” que ofreza solucións aos problemas que existen  diante “da orxía delictiva de excesos” a conta do erario público.

Xosé Manuel Lema

«Estamos nun pozo de esterco pero hai que resolver problemas»

Xoán Bascuas entende o ambiente socialmente crispado que se vive ante unha “orxia delictiva  de excesos a conta do erario público” que estamos sufrindo.Asegura que “A corrupción fede. Estamos nun pozo cheo de esterco que nos impide ver a merda, pero cando saiamos do pozo hai que resolver problemas”. Pero pensa que esas respostas teñen que vir de “discursos políticos elaborados” e non por “eslógans mercantís”.

«No Parlamento estase a desenvolver un papel circense»

Bascuas é consciente que os “discursos maximalistas teñen unha resonancia maior” pero a filosofía de Compromiso por Galicia  é a de “aportar solucións e non dar máis circo”.Nunha entrevista no programa “Conversas na Encrucillada” que se emite os sábados desde as 14,00 en Fórmula Fun Galicia, Xoán Bascuas, criticou o “espectáculo” que se está dando en foros coma o Parlamento de Galicia e está convencido de que “a xente agradecería unha voz sensata, acougada, e que dera solucións” porque na actualidade “tódalas forzas no parlamento están a desenvolver un papel circense e  hai que volver a política de verdade”.

“Estamos ante unha orxía da corruptela onde os principais partidos compórtanse como se pertenceran ó crime organizado”  e hai “sospeitas de que teñen estruturas para roubarlle cartos os veciños” apuntou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, que insistiu en defender “o sentido común máis alá da carraxe”.

“Os delicuentes son das altas esferas e o PP é o partido que mira para os ricos” suliñou Xoán Bascuas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos