9.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Feijóo:»Hai que pedir perdón denunciando»

O Presidente da Xunta referiuse aos casos de corrupción días antes da súa xuntanza con Besteiro, e en vésperas da declaración de Pachi Vázquez como imputado e dunha manifestación nas cidades de Galicia.

“A efectos de sumarios non hai amigos nin enemigos”

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo aproveitou a comparecencia con motivo da consello da Xunta para falar da corrupción. Feijóo asegurou que está ben pedir perdón pero sobre todo o que queren os galegos é que se investigue. 

“Hai que pedir perdón pero ademáis hai que pedir perdón actuando e denunciando os feitos” sinalou Feijóo convencido de que “o que queren saber os galegos e e que a efectos de sumarios, investigacions e denuncias non hai amigos nin enemigos”.

Besteiro con Feijóo e Pachi no xulgado

E precisamente Núñez Feijóo entrevistarase o vindeiro mércores cinco de novembro co secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Será en San Caetano e neste encontro falaráse sobre propostas estratéxicas para o futuro de Galicia e da corrupción política.

E mentras Besteiro se reúne con Núñez Feijóo, o mesmo día prestará declaración nos xulgados, Pachi Vázquez.O exsecretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico foi citado a declarar o próximo día 5 de novembro como imputado por suposta contratación irregular durante a súa etapa como alcalde do Carballiño (Ourense), entre 1995 e 2005.

Así o decidiu o instrutor do caso, o maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)José Antonio Ballesteros Pascual, nun auto asinado o pasado 17 de outubro polo que se incoa o sumario e se encarga a práctica de distintas dilixencias. 

Manifestación contra a corrupción

A plataforma asociativa galega das Marchas da Dignidade convocou unha manifestación contra a corrupción baixo o lema “Pan, traballo e teito” e que se desenvolverá nas cidades galegas o vindeiro 6 de novembro.

E o sábado 29 de novembro tamén organizarán unha “toma simbólica” da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos