9.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

«Querían nomear a dedo aos que perden congresos»

A vicepresidenta do Parlamento, Marisol Soneira destacou que PSOE coruñés poderá elixir directa e libremente ao seu secretario xeral mentras había dirixentes que pretendía “nomear a dedo a aqueles que perden os congresos”.

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada autonómica do Partido Socialista, Marisol Soneira defendeu hoxe a xestión do exministro Francisco Caamaño a fronte da secretaría provincial dos socialistas coruñeses.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” que se emite en Radio Xallas e Fórmula Fun, Soneira louvou a “categoría intelectual, política e persoal” de Francisco Caamaño que segundo ela non souberon entender algúns membros do PSOE porque “non estaban afeitos” e non asumiron “o salto cualitativo importante” que se dou no partido.

“A primeira provincia de España con primarias”

Sobre o proceso de primarias, Marisol Soneira asegura que demostra que “imos por diante” e que A Coruña “será a primeira provincia de España onde van a poder elixir directamente e libremente ao seu secretario xeral”. Puxo como contraste ao Partido Popular “que elixe aos seus candidatos as municipais a dedo”.

«Algúns quería nomear a dedo aos que perden os congresos»

A deputada camariñana tamén se referiu ao intento dun sector do partido de constituir unha xunta xestora provincial porque querían “nomear a dedo a aqueles que perden os congresos e queren gañar nos despachos”. Soneira Tajes comentou que “esta xente andivo liando o palangre” pero que finalmente “Fran Caamaño tomou unha decisión responsable  e peleouse porque houbera primarias na provincia da Coruña”.

Estas eleccións permitirán que “os militantes elixan ao seu secretario xeral e non que se faga desde os despachos de xeito dixital”.Marisol Soneira que anunciou a súa vontade ir “soltando lastre” e pasar a un segundo plano político destacou que Caamaño Domínguez “é un referente” para moitos socialistas en toda España. 

ESCOITA A MARISOL SONEIRA. Desde o minuto 15 do audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos