14 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Oposición rotunda do BNG a reactivación da mina

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera expresou a súa “preocupación” polos anuncios de Edgewater e anunciou a oposición rotunda do BNG a que se reactive o proxecto mineiro de Corcoesto.

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera Caselas, asegurou estar “moi preocupado” polos anuncios feitos deste Edgewater sobre as sús intencións de recupera-lo proxecto mineiro de Corcoesto.

Jorquera asegurou que desde o BNG “nos opoñeremos rotundamente  a que este proxecto se reactive e  poida chegar a materializarse” pola súa “afectación brutal para o medio ambiente” que tería na zona, e porque “destrúe máis postos de traballo dos que crea” e que ademáis supón un impedimento de “desenvolvemento doutros aproveitamentos económicos nos que a comarca de Bergantiños ten un extraordinario potencial”.

“É un modelo de desenvolvemento contraindicado para o noso país” apuntou o deputado nacionalista, en declaracións ao programa “Na Encrucillada” que dirixe Xosé Manuel Lema e que se emite en Radio Xallas e Fórmula Fun.Francisco Jorquera pensa que este proxecto mineiro “tiña que estar liquidado definitivamente”.

Entrevista con Francisco Jorquera- desde o minuto 21 do audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos