10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«O galego na onda» arrancou en Santa Comba

Os obradoiros de radio “O galego na onda” que organiza a secretaría xeral de Política Lingüística  da Xunta de Galiciacomenzaron en Radio Xallas de Santa Comba.

A emisora municipal do concello de Santa Comba foi a primeira onde se  impartiron os obradoiros de radio “O galego na onda”, que se levarán a cabo próximamente nos concellos de Ordes, Carballiño, Burela, Cambados e Melide.

Están dirixidos a mozos e mozas de 12 a 16 anos que gañaron a fase local dun concurso de cuñas convocado pola Xunta de Galicia co obxetivo de promociona-lo idioma galego, dentro das entidades da rede de normalización lingüística.A iniciativa terá unha segunda parte en Santa Comba, o vindeiro 5 de novembro onde os alumnos elaborarán un programa radiofónico. Os vencedores desta última fase intervirán nun programa da Radio Galega, xunto co xornalista Kiko Novoa.

O obradoiro foi impartido en Santa Comba, polo actor Rubén Riós que dirixe a empresa Claqueta Cloqueta, encargada dos obradoiros, que estivo acompañado polo técnico da citada empresa, Andrés Rozados. No obradoiro tamén participou o responsable de Radio Xallas, Xosé Manuel Lema.Antes de comenzar este obradoiro, nas instalación de Radio Xallas(107.5FM), profesores e alumnos foron recibidos pola concelleira de cultura, María Pose Rodríguez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos