10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Vilalba.»Hai que regular o mercado do leite»

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego pide unha “regulación do mercado do leite” para que non haxa tanta variación  dos presos e os gandeiros non se vexan involucrados “nunha espiral de subidas e baixadas” que provoquen “presos ruinosos” para as explotacións.

Para Isabel Vilalba “non se xustifica que os prezos sexan mais baixos ca media europea e tamén ca media do estado” e lamentou que as administracións non cumpriran cos seus compromisos de prezos estables e unha maior base territorial para os gandeiros. Pensa que os gobernos  deben de sair desa dinámica de “non facer nada” ante a situación de “abuso” que existe por parte da industria.

“A producción ténse que adaptar a demanda e non crear grandes excedentes” reflexionou  Isabel Vilalba nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” que se emite en Radio Xallas e Fórmula Fun. Tamén apostou por “cambiar as mensaxes que animan as explotacións a endebedarse máis”, o que aumentará a vulnerabilidade dos gandeiros galegos.

Sobre os contratos, para Isabel Vilalba, non teñen moita utilidade mentras “a industria impoña unilateralmente as condicións” xa que “senón haberá prezos ruinosos que por riba teremos que asinar”. 

“A xente ten que cobrar un prezo para cubrir custos e sacar un marxe de rendemento polo seu traballo” concluiu a dirixente do S.L.G.

Nesta entrevista a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego tamén falou sobre a venda directa de produtos e a normativa existente ao respecto.

Escoita a entrevista con Isabel Vilalba

Desde o minuto 20 deste audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos