16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Denuncian desviación de diñeiro público no Prestige

A xestión do Prestige segue dando que falar. O colectivo Arco Iris pide ao Tribunal de Contas que investigue a xestión dos fondos da xestión desta catástrofe e revela que unha auditoría calcula que hai 11,6 millóns de euros sen xustificar.

Non é un regueiro de chapapote pero sí un auténtico ronsel de polémica, o que segue a deixar todo o relacionado co buque Prestige. Unha auditoría da firma Advance revela que na xestión do accidente marítimo hai uns once millóns seiscentos mil euros de gastos sen xustificar

.

Este dato foi posto en coñecemento público polo colectivo ecoloxista Arco Iris, que pide a intervención do Tribunal de Contas para investigar o que consideran  unhas graves irregularidades e uns desfases contables de gran envergadura.

“Unha desviación de cartos públicos sen facturas”

O Presidente de Arco Iris, Pachi Lueiro considera que presuntamente “aquí hai un delito”  agochado “detrás dunha catástrofe medio ambiental como foi o Prestige  e onde houbo un lucro persoal de determinados individuos”.

O dirixente ecoloxista denuncia unha “desviacion de cartos públicos dun xeito moi xeralizado” e pide que “se depuren responsabilidades e se impoñan sancións que debe de afectar a  moita xente sobre todo en Sasemar”. Ao parecer  só en relación a sociedade española de Salvamento Marítimo hai uns sete millóns de euros sen xustificar, en conceptos como dietas, transportes ou gastos de representación.

11,6 millóns de euros sen xustificar

Falamos de moitas cantidades, segundo Lueiro que están “sen o respaldo de facturas nin hai unha contabilidade clara “ e constitúen “cantidades importantísimas que se teñen despistado do control da fiscalidade do estado”.

Desde Arco Iris pensan que estas “irregularidades”  e os “desvíos contables” teñen que ser investigados. A auditoría de Advance  cifra en 11,6 millóns de euros os gastos sen xustificar na xestión da catástrofe medio ambiental do Prestige. Ao marxe desta petición, resérvanse o dereito  a outro tipo de accións xudiciais.

Escoita a entrevista con Pachi Lueiro desde o minuto 18

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos