8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

«Fomentamos a colaboración entre concellos»

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo participou no programa «Na Encrucillada» no que falou da fusión de concello, do debate parlamentario e dunha obra que inspeccionou no polígono industrial de Santa Comba.

Apoiar a colaboración entre concellos

A delegada territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén do Campo insistiu nas verbas do presidente Alberto Núñez Feijóo de que o goberno galego vai a seguir apostando pola fusión de concellos, que se fagan “de maneira voluntaria” e destacou o feito que  no concello de Oza –Cesuras “xa están vendo os beneficios destas fusións”.

Do Campo manifestou que a Xunta vai a seguir aproveitando as distintas ordes de axudas e subvencións para “fomentar a colaboración entre concellos”.

Debate e investimento de 31.500 euros en Santa Comba

A delegada territorial destacou as “liñas prioritarias” marcadas por Núñez Feijóo no debate sobre o estado da autonomía, destacando os anuncios en materia de emprego, axudas para a dependencia, educación, formación profesional ou infraestruturas. Sobre as intervencións da oposición dixo que  “moita cousa non podemos compartir nin o contido nin as formas”.

Belén do Campo fixo estas declaracións na súa visita ao concello de Santa Comba, onde inspeccionou xunto co alcalde Antonio Landeira, as obras de construcción dunha rotonda de acceso ao polígono industrial no que a Xunta inviste 31.500 euros, o oitenta por cento do proxecto.

A delegada indicou que se “trataba dunha reclamación que nos trasladara o alcalde para mellorar o movemento dos vehículos no parque empresarial”. Pola súa parte, Antonio Landeira agradeceu o apoio do goberno  galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos