5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

«As candidaturas da xente poden quitar ós corruptos»

O deputado de Anova, Antón Sánchez augurou o triunfo dos movementos sociais existentes e que derivarán en candidaturas populares nas vindeiras eleccións. Iso sí, demandou “xenerosidade” por parte dos partidos políticos.

O deputado autonómico Antón Sánchez pensa que a cidadanía “está respondendo moi ben e sumándose en grande número” ás convocatorias orientadas a artellar candidaturas veciñais nos vindeiros comicios e agora o éxito depende “da xenerosidade dos partidos políticos” ós que Sánchez pide que “deixen de lado os intereses partidarios e aposten por estas candidaturas”.

“Anova estao facendo” comentou Sánchez, vaticinando que estos procesos “complexos” van a “triunfar” porque son una “necesidade”. O parlamentario participou no programa “Na Encrucillada” que presenta Xosé Manuel Lema ao traverso de Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM).O deputado de AGE pensa que que hai “unha posibilidade real de cambiar   de concellos cara candidaturas populares, da xente, e quitar dos gobernos a gobernantes corruptos que levan moitos anos  desenvolvendo una política clientelar”.

Antón Sánchez demandou que entre “aire fresco” mediante “a participación da cidadanía” e advertiu que polo contrario os efectos poden ser nocivos:”Senón se materializa pode supor una frustración”apuntou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos