4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«Os medios sacan o que vostedes queren»

A deputada da Alternativa Galega de Esquerda, Consuelo Martínez, denunciou no Parlamento de Galicia a “política clientelar” do PP e o suposto dominio dos medios de comunicación “que sacan o que vostedes queren”.

A deputada pontevedresa Consuelo Martínez García aproveitou a sesión plenaria parlamentaria para criticar o control dos medios de comunicación por parte do Partido Popular. Debatíase a proposición non de lei sobre a autovía da Costa da Morte e Martínez recriminou aos populares:“Non saben facer outra cousa que publicidade na prensa e con iso pensan que poden seguir vivindo, porque ata agora lles deu moi bo resultado”.

Segundo Martínez o PP domina os medios de comunicación

Martínez García asegura que o PP “domina os medios de comunicación que sacan o que vostedes queren”. Dou lectura a varios titulares de xornais con promesas de Alberto Núñez Feijóo e referiuse a “prensa” como “esa amiga súa que lles encanta e a que lle dan vostedes tódalas noticias”.Despois de debuxar ese panorama de medios afectos (sen nomear ningún), a deputada da Alternativa Galega de Esquerda afirmou que agora “este pobo ten máis acceso a información obxetiva e saben que vostedes non fan política fan clientelismo”.

Na súa intervención na cámara galega,Chelo Martínez augurou  que o PP “vai perder” as vindeiras eleccións e pediulle que “cumpran o que din na prensa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos