10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Blanca García Señoráns, nova directora xeral

A ata agora xefa de gabinete de Vicepresidencia, Blanca García-Señoráns, é a nova directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias. Persoa de confianza de Alfonso Rueda sustitúe a Gonzalo Ordóñez Pruime.

Blanca García-Señoráns Álvarez tomou posesión como nova directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, ante a presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, e doutros membros do executivo galego, como o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

Blanca García releva a Gonzalo Ordóñez, que se convirte en deputado no Congreso. Esta muller é una das máis directas colaboradoras de Alfonso Rueda, e ven sendo a xefa do seu gabinete desde 2009.

Con anterioridade foi edila no concello de Pontevedra. É licenciada e Xeografía e Historia.A dirección xeral de Relacións Parlamentarias é o órgano da Consellería de Presidencia encargado de asistir ao Goberno galego nas súas relacións co Parlamento de Galicia, levando a cabo o seguimento do programa lexislativo e dos acordos parlamentarios. 

Ademais, realiza funcións de apoio ao presidente da Xunta e ás consellerías nas súas intervencións parlamentarias. Blanca García-Señorans será asimesmo, a responsable da organización dos procesos electorais que son competencia da Comunidade Autónoma galega.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos