5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Denuncian o abandono de Monte Pindo un ano despois dos lumes

O alcalde de Carnota denuncia que un ano despois da catástrofe de Monte Pindo a zona segue dun xeito moi similar. Noceda está preocupado polas repoboación de eucalipto nesta contorna devastada en 2013.

Fai un ano as línguas de lume arrasaban una zona emblemática como o Monte Pindo. Un manto de cor negra e cinza irrumpiu na fermosa fotografía natural que se podía disfrutar naquela contorna.

Un ano despois Monte Pindo aínda tenta recuperarse do duro golpe. “Un ano despois todo segue exactamente igual” afirma o alcalde de Carnota, Ramón Noceda que lamenta que os cambios que houbo no hábitat foron plo “propio instinto de supervivencia das plantas”.
“Esta ben deixar que a natureza siga o seu curso, pero organismos como a consellería do Medio Rural poderían facer algo polo monte” declarou Noceda nunha entrevista en Radio Xallas e Fórmula Fun.

Denuncian a repoboación con especia non autóctonas

O rexedor carnotán non está dacordo e expresou a súa preocupación “pola repoboación a diestro e siniestro que están facendo con especies non autóctonas como o eucalipto”.Ramón Noceda segue defendendo a petición de parque natural para ese espazo:”A demanda do parque natural seguirá porque creemos que é un beneficio para toda a comarca”.

Desde a asociación Monte Pindo Parque Natural lamentan tamén a falta de medidas e piden a Xunta de Galicia que destine os fondos necesarios para recuperar a zona. O vindeiro 13 de setembro organizarán un roteiro pola “zona arrasada”. Máis información en www.montepindo.org    

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos