O alcalde de Zas, Manuel Muiño pide “amplitude de miras” e defende a posibilidade de “chegar a acordos” con outras forzas políticas se hai “unha confluencia no fundamental”.
Manuel Muiño Espasandín(BNG) demandou “amplitude de miras e deixarse de personalismos” para que o BNG poida chegar a acordos con outras forzas, e non percibe cal é o problema “se hai unha confluencia no fundamental e as liñas políticas de transformacion do país son as mesmas ou moi semellantes”.
En declaracións ao programa “Na Encrucillada” que se emite en Radio Xallas(107.5FM)e Fórmula Fun(91.9FM), o alcalde de Zas, que asinou recentemente o manifesto “Somos maioría” segue apostando polas liñas básicas dese documento.
Manuel Muiño opina que as veces as diferencias están en “pequenos matices” ou cuestións “personalistas” e está convencido de que “o problema da esquerda e do nacionalismo é a dispersión” xa que están “desperdigados” mentres que “a dereita sí está aglutinada polo Partido Popular”.
FOTO-FACEBOOK-MANUEL MUIÑO