9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Rodríguez louva a Manuel Fraga e a Pedro Sánchez

Esperanza con Pedro Sánchez, louvanzas a Manuel Fraga,  e fortes críticas ao BNG. Todo isto colle nas reflexións do exalcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema, que detivo por uns intres a súa vida “moi relaxada” para falar de política.

O exalcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez,  falou para Adiante Galicia e  para o programa “Na Encrucillada” que se emite ao traverso de Radio Xallas(107.5 FM) e Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM).Coma sempre as súas reflexións non pasan desapercibidas. A pesares de vivir apartado da política e “moi relaxado”, Rodríguez Lema aceptou a invitación deste medio para analizar varias cuestións políticas.

 

“Agora en Vimianzo vívese unha auténtica dictadura”

Alejandro Rodríguez pensa que a situación política de Vimianzo é propia dunha “auténtica dictadura” e sostén que “iso é o que din os veciños”. Pensa que esta lexislatura foron “catro anos perdidos” e que o goberno do BNG “está facendo deste concello un guetto”.

“Fraga atendeume mellor que os do PSOE na Xunta”

Sobre a súa boa relación e as louvanzas ao finado Manuel Fraga, que lle provocaron críticas no Partido Socialista ao que pertenceu durante 35 anos, Rodríguez volveu a deixar claro que “Manuel Fraga atendeume mellor que os do PSOE na Xunta de Galicia”.

“E iso vivinno eu e teño testigos para demostrar que foi así” engadiu o exrexedor.Con respecto ao BNG, non quixo ser moi explícito e limitouse a criticar a Carlos Aymerich e Manuel Antelo por usar “mentiras” contra a súa persoa:”Antelo e o señor Aymerich teñen moitas que pagar, porque non ten nome o que eles fixeron”.Nesta entrevista exclusiva, Alejandro Rodríguez dixo que o seu tempo na alcaldía “levouse bastante ben” ainda que volveu a arremeter contra o BNG porque “o señor Antelo e os secuaces fixéronme bastante dano con difamacións”.

“Eu non impuxen nada coa Casa da Cultura”

E na conversa, inevitablemente, saliu a problemática da Casa da Cultura. O exalcalde defendeu a súa honorabilidade afirmando que todos “saben que Alejandro nunca tivo a minima coa casa da cultura”. Referiuse a dous excompañeiros do PSOE que estaban na xunta de goberno que aprobou as obras. Dixo que tanto Manuel Castro Lema “Cafallo” como José Antonio Miñones son “personas boas e honradas” pero tamén lanzou unha advertencia:”Nunca me dirá Miñones nin Cafallo que eu lle impuxen nada”.

Sobre a asamblea dos socialistas non quixo opinar:”Paso deso totalmente”. Lembrou que xa non está no PSOE e que marcho do partido cando lle petou:”Non tiveron collóns para botarme fora e marchei cando me cansei”.

Alejandro Rodríguez Lema está convencido que de que hai un descontento xeral co goberno de Manuel Antelo Pazos:“A xente estase desenganando do que había en Vimianzo e do que hai agora. Eu puxen demasiadas luces pero este pon as luces no monte e este mÁndalle facer os muros aos amigos e non retiran”.“Agora non se ven obras” afirmou Rodríguez.

Rodríguez desminte o “Pacto de Cacabelos”

“Nunca fixen pactos de goberno. Falan do pacto de Cacabelos. O alcalde actual debe ter a língua podrida de tanto mentir. Nunca fixen un pacto de goberno as agachadas nin por debaixo da mesa. Eles valéronse do transfuguismo político, iso sí, iso pódoo testificar”.

Tamén atribuiu os seus enfrontamentos co PSOE a dúas dirixentes do partido daquela, Marisol Soneira e Nieves Lema Vilariño “que cambiaron os papeis e quixeron dirixir”.

Ilusionado con Pedro Sánchez e Besteiro

Na entrevista realizada por A.Álvarez, Alejandro Rodríguez asegurou que tanto Pedro Sánchez como Besteiro supoñen “unha esperanza” para o Partido Socialista.
.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos