10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Roberto García: «Temos o leite máis barato de Europa»

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, demanda solucións os gobernos autonómico e estatal ante a “situación de incerteza que viven dez mil explotacións galegas” motivada por tres cuestións fundamentais como son “o prezo de leite, a garantía de recollida e a supertaxa”.

En declaracións a Radio Xallas-Radio Obradoiro, Roberto García expresou o seu malestar pola deixadez da administración a hora de “poñer orde no sector” e polo feito de que en Galicia “teñamos o leite máis barato de toda Europa” con tres céntimos por debaixo da media dos principais produtores da UE.

Sobre a ameaza dunha nova baixada nos prezos, o dirixente agraria entende que “non hai razón de mercado que xustifique unha nova baixada” e que se acumularía a que se fixo efectiva nos últimos meses.Roberto García reclamou a figura do mediador e a arbitraxe “ante as posición de abuso” que se están dando por parte da industria que “está impoñendo contratos de adhesión de tres meses”. Tamén apostou por “negarnos a asinar a renuncia a contratos de longa duración”.

Desde Unións Agrarias opinan que tanto o ministerio que dirixe Isabel García Tejerina como a consellería de Rosa Quintana poderían mover ficha e establecer “mecanismos de sanción para aqueles que incumpran o paquete lácteo” ou perseguir a utilización do leite como “produto reclamo”, citando o caso recente da firma Alcampo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos