9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

“Os veciños saben que con este goberno poden falar e que traballamos para resolver os problemas”

Sandra Vilela: ”Detrás de nós non hai ningún construtor, están os veciños de Muxía”

Esta é a entrevista con Sandra Vilela

A tenente de alcalde e portavoz do Partido Popular de Muxía está “moi contenta” coa “reacción súper positiva da xente” a pesar de encontrarse con “moitísimos problemas que solucionar” desde a chegada ao goberno:

“De outubro a decembro tivemos que pagar mas dun millón de euros en facturas. Temos unha situación preocupante porque houbo un gasto sen sentido e sen previsión”.

«No goberno temos moi boa relación e hai entendemento»

Respondeu as acusacións do portavoz do PSOE, Iago Toba, que asegurou que había encontronazos entre Independentes e Populares: “Non hai problemas. Temos moi boa relación e hai entendemento”.

E tamén falou sobre o xantar de Nadal: “Fixemos unha comida animados polo funcionariado” indicou Vilela que lembrou que era algo habitual que se deixou de facer cando Toba accedeu á alcaldía e durante “a época escura de Muxía”.

Aclarou que se convidara a todos os ex-alcaldes e dixo máis:”Hai 40 persoas que poden atestiguar que naquela comida non había ningún constructor”.

«Iago toba é un experto en contar mentiras»

Definiu a Iago Toba como “un experto en contar mentiras” que ten “unha rabieta”.

Nesta entrevista que se pode visualizar na nosa canle de Youtube, Sandra Vilela falou de Fitur e do “Percibe Muxía”, do Ano Xubilar do Santuario da Barca, ou das Letras Galegas que converteran a Muxía “nun dos centros culturais de Galicia”.

Afirmou que quedan moitas cousas por facer pero unha das prioridades é a unión: ”Tentamos facer pobo, que haxa unión. Muxía estaba socialmente moi dividida e queremos que a xente disfrute do seu pobo. Estamos conseguindo que o pobo se reconcilie”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos