Case tres meses despois das eleccións municipais, e coa nova lexislatura iniciada, este venres 25 de agosto difundiremos unha entrevista coa portavoz do Partido Popular no concello de Muxía, Sandra Vilela.
Será na nosa canle de Youtube Adiante TV, na que podes suscribirte gratuitamente nesta ligazón. Desde as 9 da noite poderás acceder a esta interesante conversa na que Xosé Manuel Lema formulará diferentes preguntas sobre a situación política deste municipio da comarca de Fisterra.
Venres ás 21h
Queremos coñecer a opinión de Sandra Vilela sobre todo o acontecido en Muxía desde as pasadas eleccións.
Compartiremos a conversa nas nosas redes sociais e no noso xornal Adiante Galicia.
Todo que pasa en Muxía e todo o que pasa na Costa da Morte en Adiante Galicia.