Na súa entrevista no espazo “A Trencha” da canle de Youtube Adiante TV, pertencente a Adiante Galicia, o histórico político José Manuel Pequeño Castro ofrecía unha primicia.
“Teño unha espiña cravada. A incomunicación do territorio. Non merece a Costa da Morte estar incomunicada. Necesitamos que a autovía se remate. Non é normal que estea paralizada” confesou o alcalde de Dumbría durante 40 anos e deputado provincial na última lexislatura.
“Estou dándolle voltas a crear unha Plataforma en defensa da autovía” adiantou Pequeño, convencido de que debe ser unha prioridade “rachar o sentimento de lonxanía que ten a Costa da Morte”.Apelou a unión social da zona para que se execute esta obra e se demanden outras como “a conexión co sur”.