O vocal da executiva provincial e coordinador da zona de Carballo de Vox, Manuel Fuentes Lamas, resaltou que é a primeira vez que a formación preséntase na comarca de Bergantiños con candidaturas en Carballo, Coristanco e Malpica e agarda obter representación.
“O noso obxectivo é entrar nas institucións para que a xente teña claro quen somos nós” declarou Fuentes que considera “importantísimo” ter concelleiros “para acercar o partido á xente”.
Outra meta é poder explicar a proposta de Vox: “Hai que romper moitos clixés que nos puxo a xente e que non son verdade. É moi complicado loitar contra o que din que dicimos que é distinto o que realmente dicimos”.