A alcaldesa e candidata do PSOE de Vimianzo, Mónica Rodríguez manifestou nunha entrevista do espazo “A Trencha” de Adiante TV: “Non quero presumir de remanente, quero presumir de feitos e servizos e obras para os meus veciños”
Defendeu a xestión económica do seu goberno e lembrou que cando chegaron á alcaldía “tivemos que facernos cargo de 1,1 millón de euros en facturas porque só traballaron nos últimos seis meses” e ademais “pagamos case dous millóns de euros que o IDAE vainos devolver”.
Un concello de portas abertas
Sinalou que apostaban por “obras de calidade” e tamén pola proximidade á veciñanza:”Non hai que pedir cita previa para falar con nós. Ofrecemos diálogo e temos as portas abertas”.
Neste entrevista fixo un amplo repaso a xestión nunha lexislatura marcada pola pandemia.
Destacou a mellora dos servizos de saneamento e do mobiliario urbano, vías de comunicación, substitución das 4.500 luminarias do municipio, creación da área de autocaravanas, estabilización dos traballadores, obradoiros de emprego, a actividade na Casa da Cultura e no eido deportivo ou os servizos sociais cun Servizo de Axuda no Fogar “no que non temos lista de agarda”.