8.6 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Juan Blanco : ”Os veciños saben se fixemos ben o noso traballo”

“Eu non pido o voto. Os veciños saben se fixemos ben o noso traballo. Somos uns veciños máis que estivemos ao lado deles para o que fixo falta. Seguiremos traballando como fixemos ata agora e espero que se sintan tan orgullosos do concello como me sinto eu”.

Así remataba o alcalde de Mazaricos e candidato do BNG, Juan Blanco, a súa entrevista emitida na nosa canle de Youtube Adiante TV.

Canalizando o futuro de Mazaricos

Blanco está satisfeito coa xestión desta lexislatura:”Foron catro anos difíciles pero canalizamos as liñas de futuro do concello e fomos asentando o noso proxecto”.

Entre outros aspectos destacou o “crecemento dun 500%” a nivel turístico e o impulso neste sector con investimentos de catro millóns de euros por parte de particulares que apostaron por este municipio: ”A Ruta das Fervenzas foi un autentico éxito e a Senda de Xallas no que estamos traballando vai ser o gran proxecto para o ano 2024 da zona interior”.

«Defendemos os intereses dos veciños»

Falou ademais da colaboracións con entidades, promoción da cultura e do deporte, servizos sociais, actividades gratuítas para nenos e maiores, e tamén de obras:”Unha das nosas apostas durante os últimos oito anos foi o abastecemento de augas con melloras nas traídas e nos depósitos”.

E non obviou a problemática eólica: “Nunca houbo ningún convenio coas empresas eólicas e agora si” explicou o mandatario para explicar os resultados dunha política negociadora e reivindicativa.

“Defendemos os intereses dos veciños cunha asesoría xurídica e paralizamos seis parque eólicos” matizou.

Esta foi a conversa

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos