14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Raúl González : ”Dumbría seguirá camiñando e todo funcionará igual”

Raúl González Lado (PSOE) non é un descoñecido. Afirma con orgullo que formou parte do equipo “do mellor político que dou a Costa da Morte en moitos anos e un referente en toda a zona. Puxo a Dumbría no mapa e sempre pensou de xeito comarcal”.

Pequeño Castro “un visionario”

Refírese a José Manuel Pequeño Castro, histórico alcalde que lle cede o testigo como alcaldable. «Dumbría era un concello residual e agora todo o mundo a coñece. Pequeño foi un visionario” apunta.

Lembra o momento que lle comunicou a súa retirada:

“Mandoume baixar o despacho e dixome que ía a marchar e que lle gustaría que eu seguira coa súa labor. Foi impactante. Pasei tres ou catro noites sen durmir. Pero agora estou moi ilusionado”.

Hai que manter o que temos”

O candidato socialista ten experiencia: ”Xa sei como funciona o día do concello”. E tamén ten clara a folla de ruta:

“Hai que manter o que temos. Hai que facer tamén cousas novas, reforzar servizos, potenciar o Camiño de Santiago que é vital, pero o principal é aguantar do que hai, que é o que me día a xente”.

Tamén ten a intención de levar a cabo un Plan Xeral e seguir “mellorando” distintas cuestións. Explica que por exemplo as actividades deportivas que se celebran este ano “deixan un millón de euros na comarca”.

Sobre a súa candidatura opina:”Temos un equipaso”. Raúl González engade:” Vaise un pai pero en Dumbría seguiremos camiñando, que os veciños estean tranquilos, todo seguirá funcionando igual e eu sigo sendo o mesmo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos