Manolo Gómez Eiroa é o candidato de Vox á alcaldía de Carballo. Pensa que a xestión do goberno do BNG foi “moi desacertada” cunha política excesiva de carrís-bici e peatonalización:”Están sacando aparcamentos e arruinando baixos e comercios. O pobo está perdendo valor”.
Problemas de circulación, axudas ás familias e un multiusos
Propón evitar que “haxa máis atascos na circulación”, aumentar as axudas ás familias, e a contrución dun edificio multiusos na capital municipal que poda acoller concertos, feiras de mostras e actividades que dinamicen o turismo e o comercio de Carballo.
“Pido un voto de confianza para sacar a Carballo do atasco que está tendo”manifestou o candidato de Vox.
”A mín quen me mandou para a dereita foi a esquerda”
Nunha entrevista en Adiante TV, Gómez Eiroa tamén se amosou critico coa Lei de Benestar Animal e explicou a súa integración no proxecto de Vox: ”A mín quen me mandou para a dereita foi a esquerda”.
Desde o seu punto de vista “están deteriorando a nosa forma de vida e a nosa cultura”. Promete “gobernar para toda a sociedade e non só para unha parte”.