Despois de cinco trenchas en Santa Comba e en Val do Dubra no prazo dun mes con Patricia Val(PSOE), Miguel Pérez(Partido Galego) e Juan Sixto(BNG) na comarca xalleira e José Manuel Varela (PP) e Diego Luis Díaz (PSOE) en terras dubresas, facemos parada no val do Barcala.
O noso protagonista é José Antonio Pereira Gil, que foi alcalde da Baña durante unha parte do mandato e pasou á oposición froito dunha moción de censura. Agora repite como candidato socialista.
Este xoves 4 de maio desde as 21 en www.adiantegalicia.es e na nosa canle de Youtube Adiante TV, emitiremos esta conversa. Se queres estar ao tanto do que pasa no teu concello aconsellamos que sigas o noso canal de Telegram t.me/adiantediario